Explora . Descubre. Visita
Un milleiro de puntos de interese ó teu carón.

ZEC Gándaras de Budiño

Declaradas ZEC no 2014. Ocupan os concellos de O Porriño, Tui e Salceda de Caselas. Formáronse nunha depresión ancestral xerada polo río Louro, e nútrense mediante este e outras canles de auga, superficiais ou subterráneas, procedentes do val que conforman a serra do Galiñeiro e a dos Penedos do Faro de Budiño. Conservan unha gran riqueza ecolóxica formada por hábitats de gran valor como bosques aluviais, breixeiras húmidas atlánticas, lagos eutróficos, turbeiras de cobertura, etc.

Web: www.salcedadecaselas.gal/espazos-naturais/